CIRCULAR 265 ACHEGAS DA PSICOLOXÍA MAIO 2017 INFORMATIVA DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA


Save this PDF as:
 WORD  PNG  TXT  JPG

Tamaño: px
Comenzar la demostración a partir de la página:

Download "CIRCULAR 265 ACHEGAS DA PSICOLOXÍA MAIO 2017 INFORMATIVA DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA"

Transcripción

1 CIRCULAR 265 INFORMATIVA DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA MAIO 2017 ACHEGAS DA PSICOLOXÍA 16 DE XUÑO 2017

2 XUNTA DE GOBERNO Mª Rosa Álvarez Prada Decana Olegaria Mosqueda Bueno Vogal / Coordinadora coa Sección de Psicoloxía Educativa Hipólito Puente Carracedo, Vicedecano / Coordinador da Comisión Intersectorial de Mediación e Responsable da páxina web José Manuel Oreiro Blanco Secretario / Responsable de Cadernos de Psicoloxía e Coordinador coas Seccións de Psicoloxía da Intervención Social e Xurídica Mª Concepción Prado Álvarez Vicesecretaria / Responsable de Emprego e do Fondo Bibliográfico e Psicométrico Ana Isabel Martínez Arranz Vogal / Coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) Eva Muíño Gómez Vogal / Coordinadora do Grupo de Traballo de Tráfico e Seguridade Marta Rivas Rodríguez Vogal / Coordinadora coa Comisión de Ética e Deontoloxía Miguel Ángel Chouza Ponte Tesoureiro / Responsable de Servizos Colexiais e de Formación Mª Concepción Rodríguez Pérez Vogal / Coordinadora da Comisión Intersectorial de Xénero e Responsable de Dinámica Sociocultural José Luis Domínguez Rey Vogal / Responsable da Circular Informativa, Correspondente de Infocop e Coordinador coa Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións Víctor Manuel Torrado Oubiña Vogal / Coordinador coa Sección de Psicoloxía e Saúde Alejandra Fernández Rodríguez Vogal PRÓXIMA CIRCULAR INFORMATIVA DO COPG Será a nº 266 e sairá a principios do mes de xullo de A información terá que ser remitida como data límite o 15 de xuño de 2017.

3 ÍNDICE 4 Información Xeral 14 Información das Seccións 20 GIPCE 21 Comisión de Ética e Deontoloxía 25 Comisión para a Defensa da Profesión e para a Prevención do Intrusismo Editorial A colexiación, máis que unha obriga Somos máis de colexiados e colexiadas quen integramos o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, unha condición que supera a cuestión da simple obriga legal. O Colexio regula o exercicio desta profesión estreitamente ligada ao benestar das persoas e ao tempo que promove a excelencia na práctica e actúa como garantía do cumprimento dos requisitos legais para desenvolver a actividade. Isto implica beneficios tanto para nós, como colectivo profesional, como para as persoas usuarias. A colexiación é un aval e unha garantía diante da sociedade e protéxenos ante dunha grave ameaza: a do intrusismo profesional. A proliferación de pseudoterapias, xunto con outros profesionais alleos que ofrecen servizos falsamente psicolóxicos danan seriamente a imaxe, a reputación e o exercicio mesmo da nosa profesión. Un dano que custa reparar e que desde o COPG traballamos para poñerlle freo, como responsabilidade que asumimos. Igual que supón unha garantía de boa práctica contar con procedementos de autorregulación deontolóxicos, xa que permiten intervir cando están a vulnerarse dereitos das persoas usuarias. Estamos diante dunha cuestión de interese xeral, porque falamos da saúde e do benestar das persoas. Pero ademais, o feito de que o Colexio reúna a todas e todos os profesionais da psicoloxía de Galicia outórganos unha forza e 3

4 unha representatividade que nos dá máis capacidade para levar adiante as reivindicacións que afectan o noso sector. Somos a entidade acreditada para falar en nome dos psicólogos e psicólogas galegas, e cada un dos nosos colexiados e colexiadas dános máis voz. Fomentamos o desenvolvemento científico e profesional, a través das seccións e dun intenso programa formativo que abrangue as distintas áreas da psicoloxía aplicada. Neste ano, cúmprense dez edicións da nosa bolsa de investigación para colexiados e colexiadas, a beca Manuel Siota, que naceu para contribuír ao desenvolvemento de proxectos que supoñan un afondamento no coñecemento científico e na transformación da realidade de Galicia desde a psicoloxía. O noso colexio profesional permítenos unha óptima representación democrática, ofrécenos un papel forte como interlocutores coas distintas administracións públicas e facilítanos a lexítima defensa e a promoción profesional. Vai alén dunha mera obriga legal: son funcións que nos benefician como colectivo, pero tamén son fundamentais para o conxunto da sociedade, xa que promoven os principios de equidade, de integridade e de excelencia profesional e reforzan a nosa responsabilidade social. O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia debe ser o noso lugar de encontro profesional, e así o entendemos. Construímos un colexio forte, eficaz e responsable; un punto de referencia que nos acompaña na nosa carreira profesional e que nos permite medrar como psicólogos e psicólogas. Relacións Institucionais A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada asistiu: A unha reunión da comisión de seguimento do Convenio de Mediación Intraxudicial de Santiago de Compostela o 20 de febreiro, xunto co tesoureiro do COPG, Miguel A. Chouza Ponte; coa directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Mª Amparo González Méndez; o director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez; o fiscal superior da comunidade INFORMACIÓN XERAL 4

5 Mª Rosa Álvarez Prada autónoma de Galicia, Fernando Suanzes Pérez; co xuíz de familia de Santiago de Compostela, Roberto Soto Sola; co decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, Evaristo Nogueira Pol; e coa subdirectora xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia, Mª Emmanuela Díaz Castro-Rial. Ás reunións do Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, do que a decana forma parte representando a Unión Profesional de Galicia, os pasados 1 de marzo e 6 de abril. Xunto co Colexio de Avogados de Santiago de Compostela a unha xuntanza celebrada o 5 de abril coa concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago de Compostela, Concepción Fernández Fernández, para tratar o convenio que se debe levar a cabo en materia de desafiuzamentos en Á reunión do Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, do que o COPG forma parte, o pasado 6 de abril. A vicepresidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG, Mª Leonor Galiana Caballero, participou na sesión extraordinaria do Pleno do Consello Galego de Benestar Social celebrada o 1 de marzo en Santiago de Compostela. Mª Leonor Galiana Caballero A presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG, Mª Jesús López Cernadas, asistiu á reunión da mesa de traballo para o estudo da situación das persoas sen teito-transeúntes e dos recursos en Santiago de Compostela, organizada pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago de Compostela, celebrada o 9 de marzo. Fátima López Rodríguez A coordinadora do Programa de atención psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero, e complementariamente para as súas fillas e fillos menores e outras persoas do seu entorno familiar que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero (PAPMVX) do COPG, Fátima López Rodríguez, xunto co coordi- 5

6 nador do Programa «Abramos o Círculo», Rubén Villar Trenco, mantiveron o 14 de marzo unha xuntanza coa vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Mª Dolores Álvarez Pérez, e coa coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero, Eva Aguayo Lorenzo, para explicarlles os obxectivos e o funcionamento dos mesmos, e para que, deste modo, poidan coñecer estes dous recursos da comunidade, de carácter especializado, que ofrecen unha resposta inmediata e promoven a accesibilidade ao tratamento psicoterapéutico. A representante do COPG no Consello Municipal de Saúde do Concello de Santiago de Compostela, Rocío García Calvo, acudiu o 21 de marzo á xuntanza de dito Consello. A coordinadora do Grupo de Tráfico e Seguridade do COPG, Eva Muíño Gómez, e o vicedecano do COPG, Hipólito Puente Carracedo, mantiveron unha reunión co fiscal coordinador de Seguridade Viaria en Galicia, Carlos Gil García, para tratar o tema dos condutores e das condutoras reincidentes, celebrada o 6 de abril en Vigo. Rocío García Calvo En representación do Colexio A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada asistiu: Aos actos académicos de celebración do patrón da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela celebrados o 24 de febreiro. Á entrega do «Premio Xohana Torres de ensaios e creacións audiovisuais sobre a memoria histórica das mulleres de Compostela» do Concello de Santiago de Compostela, que se celebrou o 8 de marzo. Ao peche da Xornada sobre Sensibilización á Mediación «A mellor maneira de resolver un conflito», organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e a Unión Profesional de Galicia, que se celebrou en Vigo o 16 marzo. 6

7 Participou co traballo «Violencia contra as mulleres: unha mirada desde a psicoloxía para un abordaxe integral» na XXIV Xornada Anual «Vivimos nunha sociedade violenta? Respostas desde a psicoloxía», organizada polo Col legi Oficial de Psicòlegs de la Comunitat Valenciana, que se celebrou en Castellón o 4 de marzo de Mª Jesús López Cernadas A presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG, Mª Jesús López Cernadas, asistiu ao acto do X aniversario do Programa Incorpora de La Obra Social de La Caixa, celebrada o 2 de marzo en Santiago de Compostela. Asistiu tamén ao acto de celebración do Día Mundial do Traballo Social, organizado polo Colexio Oficial de Traballo Social, celebrado o 24 de marzo en Santiago de Compostela; e ao evento «Memoria de Actividades 2016», organizado pola Cruz Vermella, celebrado o 6 de abril en Santiago de Compostela. Carlos Montes Piñeiro O coordinador do Grupo de Traballo sobre Saúde e Benestar Ocupacional de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións (PTO), Carlos Montes Piñeiro, asistiu a unha xuntanza con representantes do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) para colaborar nun estudo sobre os riscos psicosociais aos que están expostos os e as xornalistas no exercicio da súa profesión. O COPG e o Consejo General de la Psicología Eva Muíño Gómez A coordinadora do Grupo de Tráfico e Seguridade do COPG, Eva Muíño Gómez, asistiu á reunión do Grupo de Traballo da Coordinadora da Área de Psicoloxía do Tráfico e Seguridade do Consejo General de la Psicología, celebrada os días 10 e 11 de marzo en Madrid. 7

8 A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, asistiu á reunión do Grupo de Traballo de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología os días 18 e 19 de febreiro en Barcelona. O COPG condena os asasinatos machistas cometidos O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa a súa máis rotunda condena dos asasinatos machistas ocorridos en Galicia, recentemente, ao tempo que desexa trasladar a súa solidariedade e as súas condolencias ás familias e ás persoas achegadas das vítimas. Alegacións presentadas polo COPG O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia presentou recurso de reposición contra a Resolución 804/2017, do 13 de xaneiro de 2017, pola que se convoca o «proceso de elaboración dunha lista para a selección de persoal interino. Posto Educador/a», publicado mediante anuncio o día 23 de xaneiro de 2017 no Boletín Oficial da provincia da Coruña. 8

9 Becas de Necesidades Educativas Específicas do Ministerio de Educación Ao ter coñecemento de que en Galicia as delegacións provinciais que xestionan estas becas están a denegalas por motivos que xa foran emendados polo propio Ministerio en cadansúas circulares, enviouse unha carta á Consellería de Educación trasladando esta información, co fin de que lle requiran ao Ministerio que se cumpran as instrucións dadas. Declaración institucional do COPG con motivo do Día Internacional da Muller O 8 de marzo, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia con motivo do Día Internacional da Muller, desexou facer especial fincapé na importancia da educación en igualdade como vía para desterrar a histórica desigualdade de xénero entre homes e mulleres. Presentación da Guía de Peritos 2017 A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, asistiu o 10 de marzo ao acto de presentación da Guía de Peritos 2017 da Unión Profesional de Galicia, da que o COPG forma parte. A guía inclúe case 100 psicólogos e psicólogas colexiadas para realizar peritaxes tanto do eido civil, como do laboral e do penal. Esta guía distribúese en órganos vinculados á carreira xudicial, nas administracións públicas e nos colexios profesionais membros da Unión Profesional de Galicia. No acto contouse coa presenza do director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, e do delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves Castro. 9

10 Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas O 14 de marzo tivo lugar na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a sesión ordinaria da Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas do COPG. Nela aprobáronse a conta de resultados e o balance de situación a 31 de decembro de 2016, así como a Memoria de Actividades do Colexio en Ademais, elixiuse como Colexiado de Honra a Manuel Filgueira Lois, colexiado GX-00002, de quen desexamos subliñar dun xeito especial a súa extraordinaria entrega persoal tanto á nosa institución como ao desenvolvemento da profesión da psicoloxía en Galicia. Son moitos anos entregados á vida colexial e á profesión que sempre veu exercendo con exemplar dedicación e entusiasmo. Durante a celebración da Asamblea Trixésima terceira edición do FOCAD O 3 de abril deu comezo a Trixésima Terceira Edición do FOCAD, un programa de Formación Continuada a Distancia do Consejo General de la Psicología, cos seguintes bloques de materiais que os colexiados e colexiadas interesados poderán descargar e imprimir para o seu estudo ata o 30 de xuño de 2017: Acompañamento terapéutico con persoas con patoloxías mentais graves. Terapia baseada na mentalización (MBT). Seitas coercitivas: delimitación, avaliación e intervención. A solución extraxudicial de conflitos nas organizacións, 2ª edición actualizada. 10

11 Construción de instrumentos de medida en psicoloxía 2ª edición actualizada. Tratamento psicolóxico da adicción ao tabaco, 2ª edición actualizada. Intervención con perspectiva de xénero en mulleres vítimas da violencia machista, 2ª edición actualizada. Podes acceder a través de php?page=focad. Medios de comunicación Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia difundíronse entre os medios de comunicación, tanto de prensa escrita como audiovisual, distintas notas de prensa. A relación dos comunicados pode ser consultada nos seguintes enlaces da páxina web do Colexio: e copgalicia.gal/comunicacion/o-copg-nos-medios. O COPG está presente nas principais redes sociais. De seguido reprodúcense os enlaces de acceso ás mesmas: Facebook: Twitter: Linkedin: Psicolox%C3%ADa-Galicia /about 11

12 Joel Gómez Xornalista Pola súa contribución á sensibilización social coa divulgación da psicoloxía a través dos medios de comunicación desde hai moitos anos, pola súa dedicación e a súa entrega. Juan Carlos Varela García Fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Por ter contribuído desde a súa profesión a avanzar cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria a través das iniciativas que pro move e polo seu enfoque da intervención en problemáticas de carácter social. Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica Polas súas valiosas achegas ao coidado e á recuperación da memoria histórica, un acto de xustiza fundamental para dignificar as persoas e os pobos. Gemma Nierga Xornalista Polo compromiso e a sensibilidade demostrados no seu traballo contribuíndo á visibilización e á desestigmatización da enfermidade mental ou de persoas na prisión. achegas da No Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia creamos en 2009 o acto Achegas da Psicoloxía, un encontro anual para todas as persoas colexiadas no que realizamos a entrega do noso galardón máis importante: o Premio Dolores Llópiz «Psicoloxía e Sociedade». Este galardón leva o nome da nosa compañeira Dolores Llópiz Pereiro, para recoñecer a súa implicación e xenerosidade co colexio, co que participou activamente durante máis de dez anos, sendo membro da Xunta Rectora desde 1987 ata 1992 e pertencendo á Comisión Deontolóxica desde 1993 ata finais de Este recoñecemento creouse para distinguir a persoa, a institución ou a asociación pola súa contribución ao desenvolvemento da psicoloxía en calquera dos seus eidos. No Achegas tamén significamos aos colexiados e colexiadas que celebran 25 anos con nós de forma ininterrompida e damos a benvida ás persoas que se incorporaron no último ano. 12

13 2013 José Luis Sampedro Sáez Escritor Pola súa sensibilidade, o seu compromiso social, as súas reivindicacións, a súa coherencia e actitude persoal, e polas súas palabras cun enorme poder de visualización e defensa da dignidade humana Veciñanza do barrio de Angrois Polo seu comportamento xeneroso, exemplar e altruísta que axudou a salvar vidas no tráxico accidente do tren Alvia acontecido en Santiago de Compostela a noite do 24 de xullo de Eduard Punset Divulgador científico Polo seu labor achegando profesionais e estudos internacionais sobre o comportamento humano, a neuropsicoloxía e as emocións, para comprender mellor o desenvolvemento da persoa Rede Galega de Loita contra a Pobreza Polo seu traballo por colectivos en situación de vulnerabilidade e dar voz a persoas que sofren con virulencia as consecuencias da exclusión e que non atopan outra posibilidade de representación. psicoloxía O vindeiro 16 de xuño celebraremos o acto Achegas da Psicoloxía que este ano terá lugar no Pazo de San Lourenzo, do que daremos cumprida información. Alí faremos entrega do premio «Dolores Llópiz, Psicoloxía e Sociedade» que este ano recae na Fundación Andrea, co que se pretende recoñecer o importante labor que están a realizar coa infancia en Galicia, como soporte indispensable para as familias Fundación Andrea Pola importante labor que veñen desenvolvendo pola infancia en Galicia, apoiando ás familias de nenos e nenas que padecen enfermidades longas ou crónicas. 13

14 SECCIÓN DE PSICOLOXÍA XURÍDICA Apoio e financiamento ás actividades da Sección O Consejo General de Psicología de España resolveu a concesión das axudas económicas para actividades relacionadas coa atención primaria, o ámbito xurídico e o educativo; concedendo un total de 1234,55 de financiamento para as actividades que se propuxeron desde a Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG. Estas actividades terán como obxectivo promover a labor da/o psicóloga/o xurídico mediante o recoñecemento de accións (programas de intervención e servizos vinculados) a algún dos ámbitos de actuación da Psicoloxía Xurídica: Penal, Criminal, Forense, da Familia, Menor, das Forzas de Seguridade, das Forzas Armadas, Vitimoloxía e Mediación. As actividades concretaranse na convocatoria de dous recoñecementos ás/aos psicólogas/os colexiados que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial da comunidade autónoma de Galicia e dentro de calquera dos ámbitos de actuación da Psicoloxía Xurídica. Nomearase unha comisión avaliadora que elaborará os criterios de valoración das propostas expostas así como os prazos do procedemento. Premio da Sección de Psicoloxía Xurídica 2016 Seguindo as bases da convocatoria creouse a comisión para avaliar os traballos presentados, quedando formada polas seguintes persoas: Jorge Sobral Fernández, catedrático da USC; José Manuel Oreiro Blanco, secretario do COPG; Mª Filomena Garrido Blanco, tesoureira da Sección; Ricardo Fandiño Pascual, vogal da Sección; María Penado Abilleira,vicepresidenta da Sección; Ángela Díaz Del Río Lago, socia da Sección e Miguel Anxo Losada López, socio da Sección. Esta comisión avaliadora, reunida o pasado 21 de febreiro, tras proceder á lectura e á valoración do traballo presentado así como a realizar as deliberacións oportunas, decidiu por unanimidade deixar o premio deserto. INFORMACIÓN DAS SECCIÓNS A información que aparece neste apartado é elaborada e remitida por cada Sección, Comisión ou Grupo de Traballo do COPG tendo como data límite o 15 de cada mes par. Ligazón ao apartado da Sección de Psicoloxía Xurídica da páxina web do COPG: gal/seccions/xuridica 14

15 SECCIÓN DE PSICOLOXÍA DA INTERVENCIÓN SOCIAL Comunicado da Sección: Desde a Sección participamos no tratamento de problemas de diferentes persoas e colectivos en situacións límite. Entendemos que estas circunstancias están orixinadas, ou cando menos acentuadas, pola gran desigualdade social da nosa contorna, desigualdade que parece que ten tendencia a medrar e a ficar. Como profesionais da Psicoloxía da Intervención Social deberiamos lembrar que, partindo dos coñecementos que nos proporciona a psicoloxía como ciencia, debemos adquirir as competencias específicas para desenvolver o noso traballo con persoas e colectivos nas características propias dos actuais contextos sociais. A realidade social é cambiante, mais nos últimos anos os cambios son tan acelerados que xeran rapidamente novos contextos e as demandas que se nos esixen como profesionais obrigan á continua adaptación e renovación das metodoloxías e das técnicas de traballo. Deberiamos posuír as competencias profesionais necesarias para apoiar e contribuír á xestión da convivencia, da vida social e da vida afectiva/relacional das persoas nos espazos e tempos en que se desenvolve, xa sexa na infancia, na adolescencia, na xuventude, na vida adulta, na madura ou na vellez. Porque entendemos que esta é tarefa da Psicoloxía da Intervención Social e porque sabemos que deberiamos ter un papel predominante na prevención e nas actuacións que conduzan a unha sociedade que progrese e que loite contra a involución da calidade de vida das persoas, creemos que debemos estar presentes, como profesionais, en todos os ámbitos da vida social das persoas; na familia, no grupo, no barrio ou na comunidade cada vez somos máis necesarios e, polo tanto, deberiamos estar. Desde a Sección queremos promover e potenciar o noso valioso e necesario traballo e por iso a directiva da Sección de Psicoloxía da Intervención Social agradece a participación das persoas da Sección na proposta de actividades e anima a que continuedes 15

16 enviando propostas e suxestións que incidan na mellora do exercicio da profesión. En breve poñeremos en marcha o conxunto das actividades propostas. Coma sempre, a forma de contactar coa Sección é enviando un correo electrónico ao COPG. Ligazón ao apartado da Sección de Psicoloxía da Intervención Social da páxina web do COPG: SECCIÓN DE PSICOLOXÍA E SAÚDE Formación prevista Os vindeiros 16 e 17 de xuño terá lugar de novo no Hospital Psiquiátrico de Conxo (CHUS) de Santiago de Compostela o curso «A primeira entrevista en psicoloxía clínica», impartido por Yolanda Castro Casanova, facultativa especialista da Área de Psicoloxía Clínica na Unidade de Rehabilitación Psiquiátrica do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, con ampla experiencia docente e asistencial. O curso achegarase aos distintos tipos e fases da entrevista clínica, terá unha orientación práctica e apoiarase na visualización de viñetas clínicas e o xogo de roles. Carlos Álvarez García, tesoureiro da Sección, encargarase das tarefas de coordinación. Os días 29 e 30 de setembro, poderemos asistir na Coruña ao curso «Terapia de grupo en contexto hospitalario e atención primaria». O curso terá dous relatores, por unha banda, Miguel Gárriz Vera, psicólogo clínico, docente e investigador, director do Grupo de Traballo de Psicoloxía Clínica en Atención Primaria de Cataluña e condutor do Programa de Tratamentos Grupais no Instituto de Neuropsiquiatría e Adiccións (INAD) de Barcelona. O outro profesional será Jorge García Fernández, psicólogo clínico, docente e doutor en Psicoloxía e facultativo especialista da Área de Psicoloxía Clínica no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, onde conduce grupos de atención psicolóxica para persoas con enfermidade física. Alicia Carballal Fernández, vogal da Sección de Psicoloxía e Saúde, coordinará este curso. No mes de outubro, os días 20 e 21, está previsto en Ourense o curso «Caixa de area», que impartirá Raquel E. San José, 16

17 psicóloga clínica no Centro de Psicoterapia Agarimo de Pontevedra. A relatora conta con ampla experiencia clínica e docente. O curso achegaranos información sobre esta técnica e as súas aplicacións terapéuticas. Yolanda Maroño Souto e José Eduardo Rodríguez Otero encargaranse de coordinalo. Anuario 9 «O Mal» Ligazón ao apartado da Sección de Psicoloxía e Saúde da páxina web do COPG: gal/seccions/psicoloxiae-saude Vindeiras Xornadas de Psicoloxía e Saúde. Anuario da Sección Xa se iniciou a organización das XXII Xornadas da nosa Sección, que este ano se celebrarán en Betanzos (A Coruña), os días 16,17 e 18 de novembro. O seu título será «Mal de moitos, tarefa de todos. Unha ollada ao estrés desde o comunitario» e nelas preténdese reflexionar sobre como ven afectando o momento cultural, político, económico e social que atravesamos a saúde mental das persoas. Por outra parte, o vindeiro mes de agosto publicarase a convocatoria para elixir a próxima Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde, presentándose de seguido o calendario electoral, de tal xeito que a xornada electoral coincida coas Xornadas da nosa Sección. Tede en conta que só poderán participar como electores/as nesas eleccións aqueles colexiado/as que figuren como inscritos/as na Sección de Psicoloxía e Saúde previamente á publicación da convocatoria de ditas eleccións. O próximo Anuario da Sección titularase «O dano». Invitase a participar no mesmo. As persoas interesadas deberán enviar as súas achegas en formato de comunicación libre ou caso clínico ao enderezo de correo electrónico antes do 31 de maio de SECCIÓN DE PSICOLOXÍA DO TRABALLO E DAS ORGANIZACIÓNS Organización e Recursos Humanos: competencias profesionais O pasado 1 de abril celebrouse no salón de actos do Colexio o foro «A xestión de persoas nas organización. Negociando co futuro», onde se presentaron e se debateron as competencias profesionais, os novos procedementos de xestión e os retos 17

18 neste ámbito de intervención. Interveu Santiago Medín Díaz, encargado de RR. HH. da consultora GO PEOPLE & TALENT, expoñendo as «Competencias do profesional da psicoloxía na xestión de RR. HH.». Por outra banda, Rafael García Sánchez, director de ARANOVA RH Consultores e presidente do Comité Técnico Nacional de Normalización da Norma ISO/ TC-260, tratou o tema «As persoas nas organizacións. Normas consensuadas para unha xestión eficiente», onde se describiu o proceso de normalización que nestes momentos se está desenvolvendo a nivel internacional para establecer estándares de calidade para aplicar a todas as funcións propias da intervención na área da xestión de recursos humanos. Finalmente, o rol da «Psicoloxía do Traballo e das Organizacións na xestión de persoas: retos para o futuro», presentado por Ana Mª Entenza Vidal, directora de Desenvolvemento de Proxectos de EGA Consultores, permitiu abrir o debate do foro e sinalar tanto as problemáticas como os desafíos para desenvolver competencias, métodos de avaliación e poñer en funcionamento procedementos para impulsar as boas prácticas no contexto organizativo. Momento do foro «A xestión de persoas nas organización. Negociando co futuro». Sesión interactiva sobre intervención profesional Como é de costume, a Sección organizou un punto de encontro cos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela para dar a coñecer os distintos aspectos do contexto da Psicoloxía do Traballo e das Organizacións. A sesión interactiva tivo lugar o 18 de abril no salón de actos da Facultade de Psicoloxía e versou sobre «Equipos e persoas: intervención profesional», co obxectivo de informar sobre aspectos da organización profesional e sinalar as diversas liñas de actuación nos distintos ámbitos ocupacionais. Participaron na sesión José Luis Domínguez Rey 18

19 e Ana Mª Entenza Vidal, que disertaron sobre «O espazo e a estrutura profesional no ámbito da Psicoloxía do Traballo e das Organizacións» e «Os retos do profesional da psicoloxía do traballo nunha Consultora de RR. HH.», temas de referencia para perfilar as pautas de desenvolvemento das competencias e das actividades desde o escenario académico ao desempeño profesional. Durante a sesión interactiva «Equipos e persoas: intervención profesional». Solicitude de Acreditación Europsy Especialista en PTO Sinálanse as pautas para solicitar o certificado de Especialista de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións para aqueles colexiados e colexiadas que desexen facelo por vía de veteranos e veteranas e leven inscritos/as como mínimo dous anos na División de PTORH. Para ampliar información: php?page=trabajo-introduccion Nota: O importe que se debe aboar para formalizar a solicitude polos gastos administrativos do proceso de valoración será de 150. No suposto de que se dispoña do certificado Europsy Básico vixente e se queira solicitar o Europsy Especialista en Traballo, o importe que os solicitantes terán que aboar será de Modelo de solicitude. Anexo 1.A 2. Adhesión principios éticos. Anexo Rexistro Público. Estes datos aparecerán no Rexistro Europeo, onde aparecen todos os psicólogos/as acreditados/ Anexo 4 as pola EFPA. 6. Declaración xurada. Anexo 5 7. Currículum vitae. Anexo 6 8. Solicitude do Certificado Europeo (EuroPsy). Anexo 7 9. Copia do comprobante de pagamento polos gastos de tramitación da solicitude. 19

20 Simulacros O pasado día 7 de marzo, José Ramón García Gómez, membro do GIPCE estivo na Delegación Provincial de Sanidade, co gallo de preparar o simulacro do PEE Cepsa. Neste mesmo mes de marzo participouse nun novo simulacro de intervención nun caso de accidente aéreo no aeroporto de Lavacolla, que se levou a cabo o día 22 e contou coa presenza de varios compañeiros do GIPCE: Julita Touriño, Lucía García, Emma Diéguez e Avelina Senra. Ademais, a coordinadora Ana Isabel Martínez, asistira previamente á reunión de preparación e posteriormente Emma Diéguez ao proceso de avaliación. Con estes simulacros que se desenvolven de forma periódica búscase detectar necesidades e mellorar e axilizar os recursos e os procedementos para estar o máis preparados posible no caso dun accidente real. GRUPO DE INTERVENCIÓN PSICOLÓXICA EN CATÁSTROFES E EMERXENCIAS (GIPCE) Accións formativas Co crecemento do grupo faise necesario a ampliación da oferta formativa para que as persoas que se incorporaran desde a apertura do grupo dispoñan dos coñecementos específicos necesarios. Así os días 17,18, 24 e 25 marzo, Concepción López e Aurora Rozadilla impartiron formación tanto para estas novas incorporacións, como para o resto de colexiados/as interesados/ as en formarse nas áreas de emerxencias e catástrofes. Durante a celebración da actividade 20

21 Por outra banda, e atendendo ás novas realidades socias, desde o GIPCE detectouse a necesidade dun maior coñecemento que facilite o tratamento axeitado das situacións de emerxencia, dos procesos de dó ou das características propias dos rituais de despedida noutras culturas, e con persoas con diversidade funcional. Co obxectivo de mellorar as nosas competencias nesta área, o próximo 27 de maio, vaise a celebrar o curso «Intervención con Poboacións Especiais». A compañeira Aurora Rozadilla e o compañeiro José Ramón García colaboraron un ano máis coa profesora Mª José Santiago Mariño, encargada de impartir a materia Intervención en Crise e Trauma do Mestrado de Psicoloxía Sanitaria da Universidade de Santiago de Compostela. Ligazón ao apartado do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE): grupos-comisions/gipce Participación no III Congreso Nacional de Psicoloxía Desde o GIPCE, levaranse dúas comunicacións ao III Congreso Nacional de Psicoloxía que se celebrara en Oviedo, do 3 ao 7 de xullo, as cales versaran sobre «Intervención e comunicación nas situacións de emerxencia» e a «Intervención na violencia de xénero». Ademais, enviaranse dous pósteres sobre o traballo que vimos desenvolvendo como grupo en emerxencias e catástrofes. COMISIÓN DE ÉTICA E DEONTOLOXÍA O RESPECTO AO PRINCIPIO DE AUTONOMÍA O principio de autonomía, que xorde coas éticas modernas, defende o respecto ao dereito que teñen as persoas a tomar as súas propias decisións e a dirixirse a si mesmas sen coacción. Con el, estase dando un papel fundamental á liberdade individual e á concepción da persoa como un fin en si mesmo. Coma calquera outro principio ten os seus límites e os máis claros témolos cando o exercicio da autonomía implica un risco para un terceiro. Neses casos, parece evidente a necesidade de restrinxir este dereito de libre decisión. Con frecuencia, son máis complexas para nós as situacións en que a persoa toma decisións que supoñen un risco para si mesma. E aquí podemos nomear infinidade de exemplos cos 21

22 cales nos atopamos na nosa práctica psicolóxica, como poden ser o desenvolvemento de determinados hábitos tóxicos, prácticas sexuais ou decisións económicas, nos que non é estraño que o/a psicólogo/a se teña que situar ante o dilema de actuar pensando no ben do/a paciente ou respectar as súas decisións persoais. Tradicionalmente, o/a profesional sentíase na obriga de determinar o que era bo para a persoa usuaria, caendo nun paternalismo que a día de hoxe supón unha vulneración do dereito de autonomía, que nos esixe a consideración do suxeito como adulto e responsable. Nestes casos, en lugar de tratar de decidir que é o mellor para o suxeito, parte do traballo do/a psicólogo/a será o de conseguir discriminar se a persoa está decidindo por si mesma, con conciencia e liberdade. E cando isto non sucede, un traballo profesional ético tería que ir encamiñado a permitir que a persoa recupere o dominio de si mesma para que así poida decidir da maneira máis autónoma. Un aspecto esencial, como expresión da autonomía das persoas usuarias nos diversos procesos de intervención psicolóxica, sexa esta do tipo que sexa, é o consentimento informado. Dito doutro modo, para que a atención psicolóxica conte coas garantías éticas suficientes é fundamental que se produza este consentimento por parte da persoa usuaria (cliente, paciente, etc.) e este debe ser válido. Alén do requisito de que a persoa ten que ter capacidade para poder dalo, a clave para un consentimento válido é ofrecer, por parte do/a profesional, un nivel de información suficiente e adecuado, é dicir, que no proceso de comunicación e relación coa persoa usuaria nos aseguremos de que esta comprende e asimila os contidos que se lle transmiten. Un consentimento non será válido se este é obtido a través da coacción ou do engano. En definitiva, as principais limitacións á autonomía poden vir dadas por alteracións na conciencia do suxeito, por influencias externas ou por un déficit na información que se lle fai chegar á persoa. O/a psicólogo/a debe identificar estas situacións e, de maneira activa, procurar acadar o nivel máximo de autonomía do suxeito. O Código Deontolóxico do Psicólogo (CDP) recolle o respecto á autonomía das persoas a través do seu artigo 25, no que se esixe a transmisión adecuada de información sobre o proceso de 22

23 atención psicolóxica, e do artigo 42, no que se refire ao dereito que teñen os suxeitos avaliados a recibir información, aínda que a avaliación sexa solicitada por terceiros. Pero ademais, o CDP non só coida o dereito á autonomía a través da transmisión de información aos clientes, senón tamén a través doutras normas éticas que defenden o respecto á autodeterminación, á intimidade e á privacidade. Así, temos as esixencias de respectar os criterios morais e relixiosos das persoas usuarias (art. 9), de custodiar os documentos psicolóxicos (art. 19), de respectar a intimidade das persoas (art. 39) ou de salvagardar o segredo profesional (art. 40, 41). Máis alá das normas deontolóxicas, existe lexislación que vela para que se dea cumprimento a este principio de autonomía das persoas, como é o caso da Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal ou, xa no ámbito concreto da clínica, a Lei 3/2001, de 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes (modificada pola Lei 3/2005 de 7 de maio) e, sobre todo, a Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e dos dereitos e das obrigas en materia de información e documentación clínica. Toda esta normativa alude ás cuestións fundamentais da autonomía como é o dereito á información, o consentimento informado, a protección e custodia de datos persoais, o dereito de acceso á historia clínica e da súa custodia, etc. Tamén recollen un dos aspectos máis delicados e ás veces controvertidos do dereito de autonomía, que é o consentimento por representación e a autonomía dos/as menores. O consentimento por representación prodúcese cando a persoa non é capaz de tomar decisións ou está incapacitada legalmente e sempre ten que levarse a cabo en favor do suxeito, respectando á súa dignidade e permitindo que este participe o máximo posible. É preciso recordar que cando traballamos con menores de 16 anos, o consentimento ten que ser dado por representación, pero cómpre ter en conta a opinión e o criterio do/a menor, especialmente cando a idade deste/a é superior aos 12 anos. Na maior parte dos casos de menores, os/as representantes legais son os seus proxenitores, e no caso das intervencións psicolóxicas, o 23

24 consentimento ten que ser dado por ambos os dous. Lograr este consentimento pode converterse nun asunto complicado cando existe conflito manifesto entre os pais, ante o que o psicólogo debe remitir a un xuíz ou xuíza para que tome a decisión sobre a pertinencia da asistencia psicolóxica. Asemade, no manexo da información que recollemos nas nosas intervencións con nenos/as, como regra xeral, hai que partir do dereito a que se respecte a súa intimidade tal e como se recolle na Lei orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor. Isto debe ser compatible coa obriga que os/as psicólogos/as temos de informar ao representante legal do/a menor, o cal ás veces pode resultar difícil para o/a profesional, que debe levar a cabo unha análise ética que contemple diferentes modos de responder e que permitan atopar o mellor camiño de actuación. En definitiva, o/as psicólogos/as debemos actuar tendo en conta que os suxeitos que atendemos son autónomos e con dereito a dirixir as súas vidas cara a onde estimen oportuno. O noso labor pasa por garantir este dereito e axudar as persoas a incrementar a súa conciencia, a súa liberdade e a súa equidade na relación cos demais. Ligazón ao apartado da Comisión de Ética e Deontoloxía da páxina web do COPG: comision-de-etica-edeontoloxia O CÓDIGO DEONTOLÓXICO Coñece o Código Deontolóxico, así como o marco legal no que se leva a cabo a túa práctica profesional. Actúa con responsabilidade. O descoñecemento non te exime de responsabilidade. Protexe coidadosamente os datos de carácter persoal. 24

25 Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e desde a Comisión para a Defensa da Profesión e Prevención do Intrusismo pretendemos erradicar o intrusismo profesional na nosa profesión e poder ofrecer ás persoas usuarias do servizo a seguridade de ser atendidas por profesionais con titulación axeitada para garantirlles a mellor calidade. COMISIÓN PARA A DEFENSA DA PROFESIÓN E PARA A PREVENCIÓN DO INTRUSISMO Ligazón ao apartado da Comisión de Intrusismo da páxina web do COPG: gal/grupos-comisions/ comision-para-a-defensada-profesion-e-para-prevencion-do-intrusismo Na memoria de actividades do COPG relativa ao exercicio 2016, consta que esta Comisión instruíu 29 expedientes por causas relativas ao intrusismo profesional. Son 9 expedientes os formalizados no que levamos andado de 2017, a data de 12 de abril. Estes expedientes son o resultado do traballo de colegas da profesión que coas súas achegas dan cumprimento ao artigo 14 do noso Código Deontolóxico: «O/a psicólogo/a non prestará o seu nome nin a súa sinatura a persoas que ilexitimamente, sen a titulación e a preparación necesarias, realizan actos de exercicio da Psicoloxía, e denunciará os casos de intrusismo que cheguen ao seu coñecemento». Cómpre agradecer a todas e todos estes colegas a súa colaboración co Colexio. Debemos lembrar, máis unha vez, que esta Comisión non é froito do corporativismo, nin nace do afán da exclusividade ou do couto privado. A colexiación para o exercicio da psicoloxía é o requisito legal que demanda a sociedade, as persoas usuarias da psicoloxía, para garantirse «uns servizos de calidade nos que non se fai discriminación de persoas e que fundamenta a súa autoridade profesional na súa cualificación e capacitación para as tarefas que desempeña, estando sempre preparada/o e actualizada/o en métodos, instrumentos, técnicas e procedementos que empregue no seu traballo» (artigos 10 e 17 do Código Deontolóxico). A todo iso estamos obrigados as e os membros do noso colectivo profesional. 25

26 CURSOS, XORNADAS E CONGRESOS Servizo de Información de interese para os colexiados e colexiadas O COPG non asume agás nos casos en que sexa o organizador nin o contido nin a metodoloxía dos cursos que se relacionan nesta Circular. Pódense consultar os cursos, xornadas e congresos que non son organizados polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia no apartado de Formación Externa no seguinte enlace da páxina web do COPG: VINDEIRAS ACTIVIDADES FORMATIVAS DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA CURSO ONLINE: HABILIDADES DE COMUNICACIÓN EN PSICOLOXÍA Períodos de celebración: 22 maio 5 xuño 6 xuño 20 xuño 21 xuño 5 xullo 6 xullo 21 xullo 22 xullo 6 agosto Organiza: Vogalía de Formación do COPG OBRADOIRO: O PERITAXE PSICOLÓXICO EN MATERIA FAMILIAR E CIVIL DESDE A PERS- PECTIVA DA XUSTIZA TERAPÉUTICA (TJ) Datas: 2 e 3 de xuño Lugar: Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela Organiza: Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG CURSO: A PRIMEIRA ENTREVISTA EN PSICOLOXÍA CÍNICA Datas: 9 e 10 de xuño Lugar: Aula Docencia (Salón verde) Hospital Psiquiátrico de Conxo (CHUS) Organiza: Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG PSICOLOGÍA PARA UNA SOCIEDAD AVANZADA. LOGROS Y RETOS Un punto de encontro para presentar e debater sobre os distintos ámbitos da profesión Convención de colexios profesionais Data: Sábado, 8 de xullo de

27 PRESENZA DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA NAS DIVISIÓNS PROFESIONAIS DO CONSEJO GENERAL DE LA PSICOLOGÍA PsiE División de Psicología Educativa Hipólito Puente Carracedo G-0313 PsiJur División de Psicología Jurídica Mercedes Novo Pérez G-1492 PCyS División de Psicología Clínica y de la Salud Francisco J. Sardiña Agra G-1756 PACFD División Psicología de la Actividad Física y el Deporte Mª Dolores González Fdez. G-1935 PTORH División Psicología del Trabajo Organizaciones y Recursos Humanos José Luis Domínguez Rey G-0136 PISoc División de Psicología de Intervención Social Mª Jesús López Cernadas G

28 Rúa da Espiñeira, 10 - Baixo Santiago de Compostela Tfno.: Fax: HORARIO Inverno Do 1 de outubro ao 31 de maio De luns a xoves de 9.00 a h, e os venres de 9.00 a h Verán Do 1 ao 30 de xuño e do 1 ao 30 de setembro Luns, mércores, xoves e venres de 8.00 a h, Martes de 8.00 a h Do 1 de xullo ao 31 de agosto De luns a venres de 8.00 a h Redes sociais Facebook: Linkedin: (Grupo: Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia) Membro da EFPA Federación Europea de Asociaciones Profesionales de Psicólogos D.L.: C

SitemapImage Editor APK Cracked | Other (12) | Back to the Drugstore 👮‍♀️ Drogerie Makeup Neuheiten im Test 😏Hatice Schmidt